Nueva etapa

UN TRABAJO DE + ..., Blog

Comezamos unha nova etapa no noso estudo, e con ela inauguramos unha nova imaxe corporativa e un novo dominio idear.com.es, co propósito de facilitar a comunicación cos nosos clientes e provedores, consolidando máis o noso proxecto empresarial.

Estes cambios tamén se reflicten no deseño da nosa web, na que nos mostramos dunha forma máis completa e contemporánea, dando liberdade as nosas inquedanzas como deseñadores, abarcando todos os aspectos da comunicación visual, dende a tipografía ata o vídeo, pasando pola maquetación, o deseño web, a fotografía…

Co traballo colaborativo como horizonte, poderemos responder dunha maneira máis eficiente os requerimentos de comunicación que teña o cliente, tanto no aspecto gráfico, visual ou de contidos.